Friday 29 de March de 2024

Campionato Galego de Inverno Junior e Absoluto de Salvamento e Socorrismo


O 18 e 19 de marzo tivo lugar o campionato galego de inverno Júnior e Absoluto de Salvamento e Socorrismo en Ourense, na piscina Rosario Dueñas.

O club SAL rematou o campionato sendo o 4º mellor club de Galicia do campionato. Sendo tamén 4º en categoría júnior e absoluto conxunta, feminina e masculina. A excepción do 3º posto que acadaron en Absoluto masculino.

Este campionato estivo organizado, por primeira vez nun campionato autonómico, en series clasificatorias e finais. Ademais, todos os deportistas participaban en categoría absoluta, habendo tamén categoría júnior para os nados nos anos 2006 e 2007.

Os nosos deportistas máis destacados e que polo tanto acadaron disputar as finais foron:

En Absoluto feminino:

Noelia Loureiro (2001):
– 1º en 100m remolque de manequín con aletas (clasificada na final A)
– 2º en 100m socorrista (clasificada na final A)
– 2º en 100m combinada de salvamento (clasificada na final A)
– 3º en 50m remolque de manequín (clasificada na final A)

Nerea Mallo (2006):
– 2º júnior e 8º absoluta en 100m socorrista (clasificada na final A)
– 2º júnior e 8º absoluta en 100m remolque de manequín con aletas (clasificada na final A)
– 2º júnior e 9º absoluta en 200m supersocorrista (clasificada na final B)
– 3º júnior e 10º absoluta en 50m remolque de manequín (clasificada na final B)
– 4º júnior e 11º absoluta en 200m. natación con obstáculos (clasificada na final B)
– 5º júnior en 100m combinada de salvamento

Lucía Añón (2008):
– 9º en 50m remolque de manequín (clasificada na final B)
– 9º en 100m remolque de manequín con aletas (clasificada na final B)
– 9º en 200m supersocorrista (clasificada na final B)
– 14º en 200m. natación con obstáculos (clasificada na final B)

En Absoluto masculino:

David Fraga (1999):
– 2º en 50m remolque de manequín (clasificado na final A)
– 3º en 200m supersocorrista (clasificado na final A)
– 6º en 100m combinada de salvamento (clasificado na final A)
– 7º en 100m socorrista (clasificado na final A)

Pablo Amado (2004):
– 3º en 100m remolque de manequín con aletas (clasificado na final A)
– 5º en 100m socorrista (clasificado na final A)
– 8º en 50m remolque de manequín (clasificado na final A)
– 8º en 200m supersocorrista (clasificado na final A)

Álvaro Hidalgo (2006):
– 3º júnior e 7º absoluto en 200m supersocorrista (clasificado na final A)
– 4º júnior e 9º absoluto en 100m remolque de manequín con aletas (clasificada na final B)
– 6º júnior e 10º en 50m remolque de manequín (clasificado na final B)
– 6º júnior en 100m socorrista (clasificado na final A)
– 8º júnior en 100m combinada de salvamento
– 9º júnior en 200m. natación con obstáculos

Anxo López (2007):
– 6º en 100m socorrista (clasificado na final A)
– 6º en 200m supersocorrista (clasificado na final A)
– 8º en 100m remolque de manequín con aletas (clasificado na final A)
– 14º en 200m. natación con obstáculos (clasificado na final B) e RÉCORD GALEGO XUVENIL
– 16º en 100m combinada de salvamento (clasificado na final B)

Juan Martín Rodríguez (2009):
– 16º en 100m remolque de manequín con aletas (clasificada na final B)

Nos relevos:

Absoluto feminino (Nerea, Lucía, Noelia e Iria):
– 4º en 4×25 relevo de remolque de manequín
– 6º en 200m. natación con obstáculos

Absoluto masculino (Anxo, Pablo, Álvaro, David):
– 3º en 4×25 relevo de remolque de manequín
– 4º en 200m. natación con obstáculos
– 4º en relevo de lanzamento de corda (Luis, David)
– 4º relevo combinado

4º en relevo socorrista mixto Absoluto mixto (Noelia, Nerea, David, Pablo)

Júnior masculino (Anxo, Álvaro, Abraham, Froilán)
– 4º en relevo de lanzamento de corda (Anxo, Álvaro)
– 5º en relevo combinado
– 6º en 200m. natación con obstáculos
– 6º en 4×25 relevo de remolque de manequín
– 7º en relevo de socorrista mixto (Álvaro, Anxo, Nerea, Mara)